OS MATERIAIS


Os materiais que utilizamos para fabricar diferentes obxectos do noso día a día poden ser clasificados en naturais (se os obtemos directamente da natureza) ou artificiais (se son creados ou fabricados a partir de outros polo ser humano).



Os materiais naturais poden ter tres orixes diferentes:
  • Orixe animal: cando o material se obtén de algún animal. Por exemplo: la, seda, coiro, etc.
  • Orixe vexetal: cando o material se obtén de algunha planta. Por exemplo: algodón, cortiza, madeira, etc.
  • Orixe mineral: como o ouro, a prata, os diamantes, a pirita, o xeso, etc. 
Os materiais poden ser de diferente cor e forma. Ademais, hai algúns materiais que son transparentes (como o vidro) e outros opacos (como a madeira) que non deixa ver os obxectos que están detrás.


Para poder fabricar obxectos é moi importante coñecer as propiedades (características) dos diferentes materiais. Dependendo do uso que se vaia a dar a eses obxectos, escolleremos un material ou outro para a súa fabricación.

Se queredes saber máis cousas sobre os materiais, podedes facer click AQUÍ e ler máis información.