Hai dous tipos de paisaxe: de interior e de costa.
Hoxe aprenderemos os diferentes elementos que podemos atopar nunha paisaxe de interior.
A montaña
A montaña é a parte máis alta da paisaxe. Varias montañas agrupadas forman unha serra, e varias serras forman unha cordilleira.
Na montaña os ríos son estreitos e forman fervenzas e vales profundos.
Nas montañas as persoas constrúen vilas pequenas e aldeas, e estradas estreitas.
A chaira
A chaira é un gran terreo sen montañas. Alí hai bosques, lagos e vales con ríos anchos.
As persoas utilizan as chairas para os seus campos de cultivo. Nelas constrúen vilas grandes e cidades.
RECORDA
As montañas son as zonas máis altas do relevo. Alí os ríos son estreitos e os vales profundos. Hai aldeas e vilas pequenas, e as estradas son estreitas.
A chaira é un terreo grande e plano. Alí os ríos son máis anchos. Hai vilas grandes e cidades.