¿Por qué son importantes las abejas?

Los niños y niñas de segundo de primaria hemos descubierto hoy por qué son tan importantes las abejas. Al hablar de que llevan el polen de unas plantas a otras, nos hemos empezado a preguntar cómo se reproducen las plantas.

Aquí os dejamos un vídeo para que podáis descubrirlo.

Paisaxe de costa

Nas paisaxes que están cerca do mar podemos encontrar elementos naturais como illas, praias ou acantilados. Tamén pode haber elementos artificiais, como vilas ou cidades costeiras, faros, diques, etc.

Elementos naturais da paisaxe de costa:

- Península: zona de terra rodeada de auga por todas partes, menos por unha.


- Golfo: parte do mar que penetra na terra.


- Illa: terra rodeada de auga por todas as partes.


- Arquipélago: conxunto de illas.


- Cabo: parte de terra que penetra no mar.


- Acantilado: parede alta e rochosa que dá ao mar.


- Praia: zona de area na beira do mar.

Paisaxes de interior

Hai dous tipos de paisaxe: de interior e de costa. 

Hoxe aprenderemos os diferentes elementos que podemos atopar nunha paisaxe de interior.

A montaña


A montaña é a parte máis alta da paisaxe. Varias montañas agrupadas forman unha serra, e varias serras forman unha cordilleira.

Na montaña os ríos son estreitos e forman fervenzas e vales profundos.

Nas montañas as persoas constrúen vilas pequenas e aldeas, e estradas estreitas.

A chaira


A chaira é un gran terreo sen montañas. Alí hai bosques, lagos e vales con ríos anchos. 

As persoas utilizan as chairas para os seus campos de cultivo. Nelas constrúen vilas grandes e cidades.

RECORDA

As montañas son as zonas máis altas do relevo. Alí os ríos son estreitos e os vales profundos. Hai aldeas e vilas pequenas, e as estradas son estreitas.

A chaira é un terreo grande e plano. Alí os ríos son máis anchos. Hai vilas grandes e cidades.

La cadena trófica


Pincha AQUÍ o en la imagen para ver un interesante vídeo que te ayudará a entender mejor las relaciones alimentarias. 

PRODUTORES E CONSUMIDORES

Todos os seres vivos necesitan alimentarse, pero non todos o fan da mesma forma. Hai algúns seres vivos que son capaces de crear o seu propio alimento. A estes seres vivos, como as plantas, coñecémolos como PRODUTORES.

En cambio, hai outros seres vivos que non producen o seu alimento, aliméntanse das plantas ou doutros animais. Son os CONSUMIDORES.



Observa as seguintes imaxes e fíxate nos diferentes seres vivos e na súa función: PRODUTORES OU CONSUMIDORES.

Exemplo 1:

Exemplo 2:

A PAISAXE

A paisaxe é o terreo que vemos ao noso redor.


A paisaxe que vemos está formada por catro elementos diferentes: 

1. O relevo: é a forma do terreo, componse de montañas, chairas, vales, illas...

2. Zonas de auga: como os ríos e os lagos.

3. Seres vivos: como as plantas e os animais.

4. Construcións humanas: edificios ou outros elementos da paisaxe que foron creadas polas persoas.

A paisaxe natural é aquela que NON modificaron as persoas. 

A paisaxe humanizada é aquela que conta con construcións feitas polas personas como, por exemplo: pontes, estradas, casas, colexios, camiños, invernadoiros, etc.