A terra e as estacións do ano


Como xa comprobamos, a Terra dá voltas arredor do Sol. O noso planeta tarda UN ANO en dar unha volta completa. Ao longo de todo ese ano, sucédense as catro estacións.

Cada estación dura uns tres meses. No verán, os días son moito máis longos e calorosos. No inverno, os días son máis curtos e vai frío.

RECORDA: A TERRA XIRA ARREDOR DO SOL. ISTO DÁ LUGAR AS ESTACIÓNS: primavera, verán, outono e inverno. A TERRA TARDA UN ANO en dar unha volta completa arredor do Sol.