O sistema solar


O sol é unha estrela. Envíanos a luz e a calor que todos os seres vivos necesitamos para vivir. A súa luz é tan forte que durante o día non nos deixa ver as demais estrelas.

Arredor do Sol xiran oito planetas que forman o sistema solar



Os planetas do sistema solar teñen distintas características, tamaños e cores. Son:

Mercurio
Venus
A Terra
Marte
Xúpiter
Saturno
Urano
Neptuno

O único que reúne as condicións necesarias para a vida é o noso: a Terra.

RECORDA: o sol é a estrela que está no centro do Sistema Solar. Dános a luz e a calor que necesitamos para vivir. Ao seu redor xiran oito planetas. A Terra é o planeta no que vivimos.